Gandaría

Gandaría
A gandería é o motor principal da economía de Mazaricos. Actualmente o Concello conta con máis de 55.000 cabezas de gando distribuídas en 820 granxas dedicadas á produción láctea e cárnica.
Tal é a importancia desta actividade que, con máis de 80 millóns de litros anuais, o Concello situase como o primeiro da provincia e o cuarto de Galicia por volumen de produción. Calcúlase que, de xeito directo ou inducido, esta activade da traballo a máis da metade dos veciños ademais de supoñer o 80% do volume total de negocio municipal.
Se ben non alcanza as cifras rexistrada pola de leite, a produción cárnica tamén ten un peso importante dentro do Concello. Trátase de granxas eminentemente familiares con producións escasas pero de gran calidade e enorme aceptación dos mercados. Aínda que non se dispoñen de cifras oficiais, cifrase en máis de un millón de kilos, a cantidade anual de carne que as granxas de Mazaricos colocan no mercado.
Á importancia económica do sector gandeiro hai que engadir ademais unha indubidable labor social e medioambiental que á máis de permitir o mantemento de xente no rural, posibilita a conservación do entorno.
Vídeo de resumo da Semana Gandeira 2015: