Servizos sociais

DESTACADOS SERVIZOS SOCIAIS
Os servizos sociais deste Concello están cofinanciados por:
![]() |
![]() |
Servizo de axuda no fogar
Contactar Servizos Sociais
981 867 104
belen.perez@mazaricos.gal
Servizos sociais
No departamento de servizos sociais tramítanse os seguintes programas:
Programa de axuda no fogar e apoio á unidade convivencial
Conxunto de tarefas realizadas por persoal cualificado no domicilio do destinatario e no seu contorno social, que se instrumentalizan para atender determinadas necesidades dos individuos e/ou grupos familiares cando estes se encontren en situacións nas que non é posible a realización das actividades cotidianas.
Alonxamento alternativo
Conxunto de actuacións que se realizan para conseguir que o individuo en situación de necesidade conte cun marco estable para o desenvolvemento da convivencia: ingreso en residencias, acollida familiar,....
Prevención e inserción social
Proceso de intervención social que, co obxectivo último de mellora-lo benestar e a calidade de vida das persoas ou grupos, actúa sobre os factores asociados á xénese de diferentes problemáticas ou necesidades sociais, desenvolvendo actuacións concretas para evita-la súa aparición, reaparición ou agravamento. Supón a configuración de prestacións específicas, programas ou accións instrumentais de tipoloxía diversa.
Programa de educación familiar
Consiste na intervención en familias en situacións de risco, de marxinación social, co obxecto de facilita-la adquisición de habilidades de atención, coidado e educación necesarias para o adecuado desenvolvemento dos menores (pautas de alimentación, hixiene, educativas, habilidades sociais, etc...) e a capacidade de autoorganización do núcleo familiar.
Ademais, durante o curso escolar estase realizando nestes últimos anos una ESCOLA DE PAIS E NAIS dirixida fundamentalmente ós pais e nais de alumnos dos tres centros escolares do municipio na que se traballan temas relativos á educación, como por exemplo: os hábitos de estudio, os problemas de conducta, a agresividade, a influencia da televisión, a autoestima, etc.
Animación sociocultural
Realización de diversas actividades dirixidas a toda a poboación, pero en especial a aqueles colectivos máis desfavorecidos como as persoas maiores e discapacitados: excursións culturais, ximnasia de mantemento, pintura en tela, manualidades, campamento urbano, actividades especiais no Nadal, etc...
Reparto de alimentos da Cruz Vermella Española
Nos meses de abril e outubro lévase a cabo o reparto de alimentos da Cruz Vermella Española, procedentes dos excedentes da comunidade europea, que se reparten entre aquelas persoas e/ou familias máis necesitadas do municipio.
Programa de información, orientación e asesoramento:
Facilitar ó cidadán e á comunidade, en xeral, o coñecemento e acceso ós recursos sociais nunha relación de axuda profesional que garanta unha resposta adecuada ás necesidades recoñecidas como propias do ámbito de actuación dos servicios sociais: pensións non contributivas, RISGA, asistencia sanitaria, axudas económicas non periódicas,....Dentro deste programa teñen cabida toda unha serie variada de procedementos.