VI Carreira do Leite de Mazaricos e Brinde Leiteiro

VI Carreira do Leite de Mazaricos e Brinde Leiteiro
O 31 de decembro de 2023
Un ano máis, Mazaricos celebra a súa tradicional Carreira do Leite, seguida polo Brinde Leiteiro, cos que despedir de bo humor o ano e presumindo do noso.
As inscricións para a Carreira do Leite atópanse abertas aquí ata o día 28 de decembro.
Este ano, a proba de xatiños (nenas e nenos nacidos de 2016 a 2019) comezará ás 11 da mañá do día 31. Ás 11:15 sairán os becerros (nenas e nenos nados entre 2013 e 2015), seguidos polas xovencas ás 11:30 (nenas e nenos nados de 2008 a 2012). A categoría vacas, onde participa calquera persoa isncrita que nacese antes de 2007, sairá ás 11:45h.
A continuación terá lugar o VII Brinde Leiteiro.