Escora Danza - Espectáculos de danza na rúa e obradoiros
Escora Danza - Espectáculos de danza na rúa e obradoiros
O 18 de maio de 2024
Mazaricos acollerá esta fin de semana varias actividades dentro do programa Escora Danza impulsado pola Deputación da Coruña na área da Costa da Morte. Este proxecto de danza contemporánea, de carácter social e comunitario, percorre o territorio cun completo programa configurado co tecido social e cultural das localidades.
As actividades en Mazaricos estenderanse durante toda a fin de semana. Así, o sábado 18 e o domingo 19 terá lugar un obradoiro aberto á veciñanza baixo o título “O meu tempo”. Será impartido pola compañía A ARTÍSTICA. O primeiro deles, o sábado, terá lugar na Casa da Escola en Arcos, e estará destinada á veciñanza da parroquia. O segundo, o domingo, celebrarase na Casa de Cultura da Picota. Ambos os dous comezarán ás 11:30h de cadanseu día.
O domingo 19 terán lugar senllos espectáculos de danza na rúa no espazo axardinado do merendeiro situado á beira da piscina municipal da Picota. Ás 19h arrincará a obra 'Equinoccio', dixirida por Anuska Fernández e onde actuarán as alumnas das clases de movemento da Picota. Posteriormente, actuará a Compañía A Artística con Mónica de Nut no espectáculo “Cando marche non vou pecha-la porta”. En caso de chuvia, a programación da tarde do domingo trasladarase á Casa de Cultura.