Gran Tractorada de Reis
Gran Tractorada de Reis
O 05 de xaneiro de 2025
Os Reis Magos visitan Mazaricos para traer ilusión e moitos agasallos para as nenas e nenos. Se o tempo o permite, farano coa tradicional Gran Tractorada de Reis con remate no recinto feiral onde se celebrará a recepción ás nenas e nenos e o reparto de agasallos.
Se a chuvia non o permitise, só se celebrarán as actividades no recinto feiral, culminando cunha estupenda chocolatada para todas as persoas asistentes.