MuSical

MuSical
O 01 de xullo de 2023
Este mes de xullo abrirémolo coa mellor música tradicional galega nun dos seus derradeiros concertos: Leilía. Celebramos a primeira edición do #MuSical, un evento onde a nosa cultura é o centro.
Haberá inchables para a rapazada durante a tarde, de 18h a 21h. Diversión para toda a familia.
A comisión de festas de San Xoán de Mazaricos suma a súa tradicional churrascada a este MuSical. Ven compartir unha boa cea e desfrutar da mellor música.
Sábado 1 de xullo no recinto feiral da Picota.