XXV Festa do Bolo do Pote de Mazaricos
XXV Festa do Bolo do Pote de Mazaricos
O 02 de marzo de 2024
Mazaricos celebra a XXV Festa do Bolo do Pote na fin de semana do 2 e 3 de marzo.
PROGRAMA
Sábado 2 de marzo
- Xantares e ceas, previa reserva, de cocido e bolos do pote nos establecementos hostaleiros.
Domingo 3 de marzo
- Comezo da Festa ás 13h co pasarrúas e concerto do grupo de gaitas O SIB DO SOLPOR.
- Degustación Bolos do Pote no Campo da Feira (prezo: 2€, inclúe un prato de cerámica do Buño).
- Degustación e xantares nos diferentes establecementos hostaleiros.
- A partir das 16h pasarrúas pola Picota a cargo da CHARANGA ALAMBIQUE.
Se o tempo o permite haberá inchables para a rapazada (de 12:30h a 15:15h e de 16:15h a 18:30 h).
Locais de degustación (recoméndase reserva previa)
- Asador Manduca (981 85 20 95, A Picota).
- Restaurante EFE-EME (981 85 20 78, A Picota).
- Casa Jurjo (981 85 20 15, A Picota).
- Campamento Corzón (606 817 146, Corzón).
- Casa Pego (981 08 80 80, San Cosme).
- MENÚ: BOLOS DO POTE, COCIDO, POSTRE, VIÑO E CAFÉ DESDE 25 EUROS
Locais colaboradores
- Taberna Casa Senra (A Picota).
- Café Bar Alborada (A Picota).
- Pizzería Pinocchio (A Picota).
Organiza o Concello de Mazaricos. Colaboran Asociación de Amas de Casa El Hórreo, Asociación de Veciños Monte Picoto e Casa Jurjo.