Comunicación previa para a celebración de cachelas de San Xoán
Comunicación previa para a celebración de cachelas de San Xoán
O 10 de xuño de 2022
Achégase a máxica noite de San Xoán e estas son as medidas de obrigado cumprimento no caso de que organices unha cachela.
Tanto en terreos públicos como terreos privados, debes facer unha comunicación previa no Concello antes das 14h do día 22 de xuño.
O lume debe estar sempre vixiado.
O volume de combustible da cachela non pode sobrepasar os 8 metros de perímetro nin as lapas poden ter máis de 3 metros de altura.
Débese cumpir a normativa forestal específica. A separación entre as cachelas e os edificios ten que ser polo menos de 12 metros.
Non poden situarse baixo tendidos eléctricos nin telefónicos, e debe asegurarse de que non hai nas proximidades un local onde se almacenen produtos inflamables.
Queda prohibida a queima de neumáticos, plásticos, escumas de poliuretano, aceites, así como calquera outra substancia que desprenda fume tóxico cando é queimada. Tampouco se levará a cabo a queima de restos domésticos (colchóns, mobles, tablas, roupa…..), agrícolas e/ou forestais.
En ningún caso se botarán ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (espráis), mesmo se están baleiros.
Terán auga suficiente a man para apagar o lume se fai falta.
Finalizada a cachela é obrigatorio apagar os restos de brasas ata a súa total extinción e deixar o espazo limpo de refugallos.