Gran Festa Infantil de Disfraces

Gran Festa Infantil de Disfraces
O 10 de febreiro de 2024
Celebramos o Entroido cunha Gran Festa Infantil de Disfraces o sábado 10 de febreiro ás 5 da tarde no recinto feiral da Picota.
- Haberá agasallos para todas as nenas e nenos que veñan disfrazados. Ademais, desfrutarán dun parque de inchables e participarán en obradoiros de maquillaxe e de elaboración de máscaras.
- Compartiremos unhas estupendas filloas da pedra e un delicioso chocolate.
- Tamén celebraremos un concurso de disfraces con tres categorías: individual, parella e comparta (mínimo 5 participantes).
- E un ano máis xogaremos a un deporte tradicional como a billarda, cun campionato que comezará ás 4 da tarde. Pódeste inscribir para o torneo a través de whatsapp escribindo ao 680 600 806, indicando ademais do nome a túa idade.
- Os días 12 e 14 de febreiro, ademais, haberá dispoñible un campamento de Entroido para @s pequen@s da casa.