Marcha Ciclista Interxeracional 2023

Marcha Ciclista Interxeracional 2023
O 23 de setembro de 2023
Un ano máis, Mazaricos organiza unha Marcha Ciclista Interxeracional para xuntar a distintas xeracións nos valores dos hábitos saudables e do respecto e coñecemento polo medio natural. A Marcha Ciclista partirá ás 10:30 da Casa de Cultura, e contará cun descanso e avituallamento na área fluvial da Pontenova, a aproximadamente 3,5 km de distancia. O remate será novamente na Casa de Cultura. O percorrido é apto para ciclistas de todas as idades e condicións físicas, por ser plano e curto. É obrigatorio o uso de casco.
Un ano máis, incentivarase a participación de familias e persoas de distintas xeracións. A inscrición pode realizarse tanto de forma individual (no formulario dispoñible nesta ligazón) como familiar (nesta outra). Haberá premios para a persoa participante de maior idade, a de maior idade e a familia con máis participantes.