Ruta das Tapas 2022

Ruta das Tapas 2022
O 03 de decembro de 2022
Evento gastronómico no que as persoas participantes poderán desfrutar de todo o sabor de Mazaricos na mesma fin de semana en que acollemos os principais eventos da Semana Gandeira 2022.
Nesta edición de 2022 conforman a ruta sete locais: o restaurante EFE-EME, Casa Jurjo, a Pizzería Pinocchio, o Asador Manduca, Casa Senra, Casa Pego e o Hotel Rústico Santa Eulalia. O prezo fixo das tapas será de 2,5 €.
Visita polo menos catro establecementos distintos e cuña a credencial que recibirás no local para participar no sorteo dunha cea por valor de 80 €. Vota a túa tapa favorita e axúdanos a escoller a mellor tapa de Mazaricos!