Concerto de Vocal Eburnie en Santa Baia de Chacín
Concerto de Vocal Eburnie en Santa Baia de Chacín
O 17 de xullo de 2024
O vindeiro mércores, 17 de xullo, o espazo histórico da igrexa de Santa Baia de Chacín acolle unha nova actuación musical de entrada libre: o concerto de Vocal Eburnie.
Este grupo de Costa de Marfil ofrecerá o seu recital de danzas, ritmos e cantos tradicionais africanos, xuntando tradición e modernidade.
Ás 21h do mércores 17 na Igrexa de Santa Baia de Chacín.