Proxecto de renovación do alumeado público de Mazaricos
Proxecto de renovación do alumeado público de Mazaricos
O 29 de xuño de 2021
PROXECTO DE RENOVACIÓN , MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA E ADAPTACIÓN AO REGULAMENTO DE EFICIENCIA ENERXÉTICA R.D. 1890/2008 DO ALUMEADO PÚBLICO DO CONCELLO DE MAZARICOS
Mediante resolución con data 23/09/2019, notificada á entidade solicitante en data 04/10/2019, concedeuse unha axuda por importe máximo de 637.624,76 €, ao CONCELLO DE MAZARICOS, con NIF P1504600F, ao amparo e de conformidade co establecido no Real Decreto 616/2017, de 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan opaso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostenible 2014-2020 (B.O.E. n° 144, de 17 de xuño de 2017), modificado polo Real Decreto 1516/2018, de 28 de decembro (B.O.E. n° 314, de 29 de decembro de 2018) e o Real Decreto 316/2019, de 26 de abril (B.O.E. n° 130, de 30 de abril de 2019), para levar a cabo o proxectocos siguientes datos económicos globales:
Descrición do Proxecto:
-
Renovación do alumeado público exterior no municipio de Mazaricos, provincia de A Coruña.
-
Actuacións en 2.335 dos 2.662 puntos de luz existentes, substituinndo as actuais luminarias provistas de vapor de mercurio e VSAP por luminarias LED máis eficientes.
-
Actualización de 110 dos 144 cadros de mando existentes para adaptalos á normativa vixente.
-
Substitución dos 2.335 puntos de luz, que provocará unha disminución da potencia de 226,18 kW a 73,82 kW e permitirá acadar un aforro enerxético estimado do 72,02%.
Comentarios
Introduce o teu email e subscríbete ao noso boletín.
Para estar informad@ de todo o que pasa en Mazaricos