Bases do Concurso de Fotografías para o Calendario 2023 do Concello de Mazaricos
Bases do Concurso de Fotografías para o Calendario 2023 do Concello de Mazaricos
O 14 de outubro de 2022
Primeira. Obxecto
O Concello de Mazaricos pon en marcha un concurso de fotografías para o calendario 2023 editado polo Concello.
Segunda. Persoas destinatarias
1. Poderán optar ao concurso as persoas físicas que cumpran cos seguintes requisitos:
1.1. Aceptar integramente as presentes bases así como a resolución por parte do Concello de calquera problema non recollido nas mesmas.
Terceira: Prazo e lugar de presentación de solicitudes
As persoas interesadas en participar poderán achegar as fotografías ao correo concellodemazaricos@gmail.com, como un arquivo adxunto, seguidas da seguinte información nun documento word, tamén adxunto:
• Nome e Apelidos da persoa participante.
• Correo electrónico.
• Teléfono de contacto.
•Lugar en que foi feita a fotografía.
• No caso de non tratarse da persoa autora orixinal da fotografía, declaración asinada pola persoa que realizase orixinalmente a mesma autorizando a súa presentación a concurso.
O prazo de presentación será desde o luns 17 de outubro ata o luns 7 de novembro de 2022 ás 23.59h.
O martes 8 de novembro publicaranse no facebook do Concello e procederase á súa votación ata o luns 21 de novembro de 2022 ás 23.59h.
O martes 22 de novembro de 2022 anunciaranse as fotografías gañadoras.
Cuarto. Requisitos e características das achegas a concurso:
1. Poderase enviar un máximo de dúas fotografías por participante.
2. A fotografía debe estar realizada dentro do municipio de Mazaricos, sendo obxecto da mesma calquera elemento -paisaxe, construción, etc- encadrado dentro do mesmo.
3. Non poderán presentarse fotografías que xa foran presentadas noutros concursos ou fosen publicadas en redes sociais.
4. Valorarase, entre outros aspectos, a innovación e a orixinalidade.
5. Preferentemente, nas fotografías non aparecerán persoas recoñecibles.
Quinta: Premios e xurado
1. As fotografías gañadoras serán aquelas 12 que reúnan máis reaccións de gústame na páxina de Facebook do Concello de Mazaricos, sendo escollidas deste xeito pola comunidade.
2. As persoas participantes gañadoras serán notificadas a través do Concello de Mazaricos.
3. As fotografías serán incluídas no calendario 2023 do Concello de Mazaricos.
4. As persoas gañadoras recibirán unha copia deste calendario, independentemente do seu lugar de residencia.
Sexta. Responsabilidade e cesión de dereitos
A participación no concurso e aceptación das presentes bases implica a cesión á organización dos dereitos de reprodución, exhibición, comunicación pública e transformación de todas as fotografías presentadas. Citarase a autoría da fotografía no calendario impreso.
Comentarios
Introduce o teu email e subscríbete ao noso boletín.
Para estar informad@ de todo o que pasa en Mazaricos