Axudas para material didáctico para alumnado de infantil e axudas para transporte para alumnado de Secundaria (FP ou Bacharelato).
Axudas para material didáctico para alumnado de infantil e axudas para transporte para alumnado de Secundaria (FP ou Bacharelato).
O 11 de novembro de 2021
O Concello de Mazaricos volve por en marcha a súa liña de axudas para educación.
PRAZO DE SOLICITUDE: do 11 ao 20 de novembro.
-Persoas beneficiarias:
No caso de axudas para o transporte, a/o estudante ten que estar empadroada/o no Concello de Mazaricos.
No caso de axudas para libros, a/o estudante ten que estar cursando estudos en calquera centro de Mazaricos.
-Solicitudes
- Fotocopia do DNI da persoa solicitante (no caso de menores de idade, a persoa solicitande será a nai, o pai ou persoa titora legal. No caso de non contar co DNI, fotocopia do Libro de Familia.
- Certificado expedido polo centro en que cursa os estudos.
- Declaración da persoa solicitante d enon percibir ningunha axuda para a mesma finalidade.
- Declaración da persoa solicitante de atoparse ao corrente nas súas obrigas tributarias coa seguridade social.
- Certificado bancario.
- Factura dos libros e material didáctico.
-Prazo: do 11 ó 20 de novembro de 2021.
Comentarios
Introduce o teu email e subscríbete ao noso boletín.
Para estar informad@ de todo o que pasa en Mazaricos