AMPLIACIÓN DA REDE DE SANEAMENTO DE PINO DE VAL

AMPLIACIÓN DA REDE DE SANEAMENTO DE PINO DE VAL
O 21 de xaneiro de 2022

AMPLIACIÓN DA REDE DE SANEAMENTO DE PINO DE VAL
- EXPEDIENTE: 2021/C002/000007
- PLAN/CONVENIO: SUBVENCIÓN AU300A2021/162-SD (AUGAS DE GALICIA)
- CONCELLO: MAZARICOS
- EMPRESA ADXUDICATARIA: EXCAVACIONES YONI TUÑAS, SL
- IMPORTE DE ADXUDICACIÓN: 48.140,18 € (IVE INCLUÍDO)
- DIRECCIÓN DE OBRA: FLAVIA C. PIÑEIRO CES, ARQUITECTA
A finalidade das obras de AMPLIACIÓN DA REDE DE SANEAMENTO DE PINO DE VAL é a ampliación da rede de saneamento na zona sur do núcleo urbano de Pino de Val, nas rúas da Fonte e do Casteliño, garantindo a correcta evacuación das augas residuais. O deseño das redes foi condicionado pola altura dos pozos de conexión existentes e pola escasa pendente das rúas.
Para o financiamento das obras solicitouse a súa inclusión na convocatoria de subvencións de Augas de Galicia, o abeiro da Resolución do 12 de marzo de 2021, modificada pola resolución do 19 de abril, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á xecución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
Por resolución da directora de Augas de Galicia do 04.08.2021 notificouse a resolución da concesión da subvención.
Do procedemento de contratación, das ofertas presentadas polos distintos licitadores resultou a máis vantaxosa economicamente a presentada por EXCAVACIONES YONI TUÑAS, SL. Con data 25.10.2021 foi asinada a ACTA DE IMPLANTACIÓN, dándose inicio ás obras o 28.10.2021, segundo comunicación de apertura do centro de traballo aportada pola empresa contratista. As obras executáronse dentro do prazo previsto, asinándose a acta de recepción o 03.12.2021.
Comentarios
Introduce o teu email e subscríbete ao noso boletín.
Para estar informad@ de todo o que pasa en Mazaricos