Programación de Nadal 2023
- Inicio
- /
- Noticias
- /
- Nadal 2023

Programación de Nadal 2023
O 15 de decembro de 2023


Achégase o Nadal e o Concello de Mazaricos celebra estas datas cunha completa programación para toda a familia.
- Sábado 16 ás 5 da tarde, Festival de Nadal da Escola de Música Moderna de Mazaricos. Na Casa de Cultura.
- Festa Infantil o martes 26 ás 5 da tarde no recinto feiral, con inchables e moitas sorpresas.
- Presentación do libro "Médicos e medicina na Costa da Morte. A figura do doutor Pérez Maroño", de Braulio Pérez Astray. O 29 de decembro ás 7 da tarde na Casa de Cultura.
- 'Os fabulosos cleaners', teatro da Compañía Malasombra para todos os públicos. O 30 de decembro ás 5 da tarde na Casa de Cultura.
- A Carreira do Leite e o Brinde Leiteiro, o día 31 dende as 11 da mañá. Inscricións aquí!
- E a Gran Tractorada de Reis, o día 5!
- Servizos de conciliación durante as vacacións escolares en Conciliamos no Nadal.
Comentarios
Introduce o teu email e subscríbete ao noso boletín.
Para estar informad@ de todo o que pasa en Mazaricos