AXUDAS DE CONCELLOS ADHERIDOS AO FONDO DE FINANCIAMENTO PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DA PROVINCIA (PEL_REACTIVA)

AXUDAS DE CONCELLOS ADHERIDOS AO FONDO DE FINANCIAMENTO PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DA PROVINCIA (PEL_REACTIVA)
O 04 de novembro de 2020

O Concello de Mazaricos convoca unha liña de axudas ao abeiro do programa PEL-REACTIVA da Deputación da Coruña.
Dacordo coa Norma 18 da normativa reguladora das axudas, (recollida no BOP nº 123 do 5/8/2020 e BOP nº 128 do 12/8/2020) a Base 9ª "FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES" recolle que as solicitudes serán presentadas por vía telemática a través da SEDE ELECTRÓNICA de cada concello participante, utilizando o formulario normalizado dispoñible.
Polo tanto, a tramitación destas axudas debe realizarse exclusivamente a través da Sede Electrónica e utilizando certificados electrónicos recoñecidos ou cualificados de sinatura electrónica
O prazo de solicitude iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación do presente extracto de convocatoria no BOP e durante 15 días hábiles
Comentarios
Introduce o teu email e subscríbete ao noso boletín.
Para estar informad@ de todo o que pasa en Mazaricos