Comunicación das Cachelas de San Xoán 2024 .
Comunicación das Cachelas de San Xoán 2024 .
O 23 de xuño de 2024
Infórmase á veciñanza de que o prazo para comunicación previa das cachelas de San Xoán remata ás 14h do xoves 20 de xuño. O trámite farase na Casa do Concello, e débese indicar a hora de inicio da cachela.
Normas básicas:
Sempre debe haber xente ao lado do lume.
Non máis de 8 metros de perímetro nin 3 de altura.
Mínimo 12 metros de separación con edificios, e respectando sempre a normativa forestal.
Non pode situarse baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, ou preto de depósitos de produtos inflamables.
Prohíbese a queima de pneumáticos, plásticos, escumas de poliuretano, aceites e calquera outra substancia que desprenda fumes tóxicos ao arder.
Non se poden botar no lume recipientes con líquidos inflamables ou gases a presión, nin sequera baleiros.
En terreos públicos, nunca se fará a cachela en sitios onde haxa enlousado ou asfalto que poida ser danado. O pavimento debe protexerse cunha capa de polo menos 10 centímetros de area.
Debe terse auga suficiente a man para apagar o lume.
Rematada a cachela, apagaranse as brasas ata a total extinción e limparase a área de refugallos.
Comentarios
Introduce o teu email e subscríbete ao noso boletín.
Para estar informad@ de todo o que pasa en Mazaricos