Servizo de Atención Temperá
Servizo de Atención Temperá
O 21 de outubro de 2020
- PODES PEDIR INFORMACIÓN SOBRE ESTE SERVIZO CHAMANDO AO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO:
-
981 867 104
- Que é a atencion temperá?
A atención tempera é un conxunto de intervencións dirixidas a poboación infantil de 0 a 6 anos, a súa familia e a súa contorna. O seu obxectivo é dar resposta o antes posible a necesidades transitorias ou permanentes dos nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos. A clave é que, canto mais axiña se detecten as posibles dificultades, os resultados da atención profesional poden ser mellores.
- A quen se dirixe a atencion temperá?
Aos nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos no desenvolvemento ou en situación de risco de padecelos, ás familias e á súa contorna que estean empadroados nos Concellos de Mazaricos, Camariñas, Carnota, Cée, Corcubión, Fisterra, Dumbría, Muxía, Zas e Vimianzo.
- Quen pode informar dunha sospeita de trastorno do desenvolvemento nun neno?
As propias familias, as escolas infantís, os servizos sociais comunitarios ou outras instancias que traten coa persoa menor e coa familia.
No caso de que a sospeita sexa fóra da familia, debe informarse á mesma para que acudan ao servizo de pediatría.
- A onde debo dirixirme para obter mais informacion?
Ao servizo de pediatria que derivará, no caso de que considere, á unidade de AT. Aos servizos sociais dos Concellos de Mazaricos, Camariñas, Carnota, Cée, Corcubión, Fisterra, Dumbría, Muxía, Vimianzo e Zas. Aos servizo de orientación do centro educativo no que estea matriculado o neno ou nena. Ao servizo da agrupación dos concellos anteriormente indicados do Servizo de Atención.
Comentarios
Introduce o teu email e subscríbete ao noso boletín.
Para estar informad@ de todo o que pasa en Mazaricos