Anuncio de desafectación do recinto do Colexio de Pino de Val

Anuncio de desafectación do recinto do Colexio de Pino de Val
O 25 de febreiro de 2022
Aprobación inicial da desafectación do CEIP Pino de Val do servizo público do ensino.
O Pleno do Concello de Mazaricos, en sesión extraordinaria do día 23 de febreiro de 2022, acordou aprobar inicialmente a mutación demanial obxectiva da edificación e recinto do CEIP Pino de Val, con desafectación do inmoble referido do servizo público do ensino e simultánea afectación a un uso socioasistencial, de carácter local, para a creación de un centro de día e/ou residencia para maiores nun futuro.
- Data de publicación do anuncio: 25 de febreiro de 2022
- Data final do período de publicación: 25 de marzo de 2022