#DeporteMZ

Rutas de sendeirismo, Actividades BTT, Ruta ornitolóxica, Paseos fluviais, Pesca e Caza

Eventos deportivos de carácter anual

Ruta BTT

Andainas

Raid ecuestre

Día da bicicleta

Carreira popular

Torneo de xadrez

Torneo de futbol

Rally de Noia

Ruta das Fervenzas

Non se podería entender Mazaricos sen auga. Este elemento é unha parte fundamental da nosa idiosincrasia. A auga permítelle ao sector gandeiro desenvolver o seu labor e aos agricultores manter as súas colleitas. A auga forma un espectáculo na cima do miradoiro de Corzón, desde onde se ve o encoro da Fervenza, que moitos/as visitantes toman xa por unha ría. A auga do mar, que vemos desde o alto dos montes da Ruña. A auga do encoro de Santa Uxía, que se pode contemplar desde o miradoiro do Padre Sarmiento, no Enxilde. E, por suposto, a auga dos nosos ríos, que rematan en espectaculares fervenzas como a de Santa Locaia do Burato, a da Noveira, a de Vioxo-Chacín, a de Gosolfre ou os espectaculares saltos de auga de Fírvado. Goza desta ruta de 12 km, con tramos chairos e de subida, que combina deporte, saúde e natureza.

Andainas por Mazaricos

Desfruta desta ruta de 12 km, con tramos chairos e de subida, que combina deporte, saúde e natureza.

Ruta BTT

Para quen guste do ciclismo de montaña e da natureza. Centos de participantes reúnense cada ano na Picota para percorrer un trazado aproximado de 45 km, cheo de paisaxes espectaculares. Os establecementos hostaleiros colaboran cun menú a prezo especial.

Ruta das Feiras Vellas

A Ruta das Feiras Vellas transcorre integramente por territorio de Mazaricos e une dous elementos emblemáticos: a capela da Romaxe e a ponte romana da Ponte Olveira. É a ruta máis antiga, xa que aparece reflectida na Carta geométrica de Galicia, obra de Domingo Fontán. Trátase dun mapa físico de Galicia, o primeiro realizado en España con medicións matemáticas. Ao longo deste trazado, de baixa dificultade, o/a camiñante atopará: a capela da Romaxe (s. XVII-XVIII), o cruceiro e o hórreo da Choupana, o carballo da Choupana (testemuño dunha antiga feira), a praia fluvial da Pontenova, coa súa antiga ponte de pedra elevada sobre o río Beba; e finalmente A Ponte Olveira, escenario dunha histórica batalla contra os franceses.

A ruta recrea unha viaxe ao longo de tres feiras que se celebraban na Romaxe, na Choupana e na Ponte Olveira, onde tiñan lugar as transaccións comerciais da época (gando, ferramentas e demais produtos de primeira necesidade).

Ruta ornitolóxica

Ruta circular de 27 quilómetros de lonxitude con principio e fin no miradoiro de Corzón. A ruta percorre as contornas do monte Aro e do encoro da Fervenza, puntos ideais para a observación de especies enormemente vistosas e en perigo de extinción, coma o corvo mariño cristado ou a escribente das canaveiras.