Emprego e desenvolvemento local
Contactar ADL
joseramon.esperante@mazaricos.gal
981 867 104
Emprego e desenvolvemento local
A axencia de Emprego e Desenvovemento local é unha iniciativa municipal creada co obxectivo de facilita-lo desenvolvemento do contorno socioeconómico e a creación de emprego. O seu ámbito de actuación é exclusivamente municipal, dependendo orgánica e funcionalmente do propio Concello; carece de personalidade xurídica propia e está configurada como un servicio municipal. Na actualidade os costes de funcionamiento están cofinanciados pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego.
O servizo de emprego e desenvolvemento local do Concello de Mazaricos colabora coa Asociación de Profesionais de Desenvolvemento Local (Afiprodel) realizado diferentes proxectos de promoción do entorno local como o Congreso Modelo, os Premios Afiprodel e a I Feira de Desenvolvemento Local.
› Búsqueda de emprego e Orientación laboral
› Directorio local de empresas
Beneficiarios
- Emprendedores, empresarios, comerciantes, traballadores, desempregados e en xeral, aqueles que pretendan poñer en marcha ou ampliar calquera tipo de iniciativa empresarial.
Actividades
- Deseño e preparación de programas de fomento de emprego como obradoiros e proxectos como Rede Xiana en colaboración coa Deputación de A Coruña.
- Información das axudas existentes para emprendedores, empresas, comercio e demais colectivos.
- Apoio a empresas locais.
- Asesoramento aos emprendedores para a elaboración do seu Plan de Empresa.
- Contesta-las súas dúbidas sobre incentivos e axudas proporcionados pola Administración e outros organismos, asesorando sobre a vía de financiación máis idónea.
- Deseño e organización de xornadas de formación
- Promove-la economía social e a inserción no mundo laboral, en especial dos grupos máis desfavorecidos (xóvenes, mulleres, parados de longa duración...), ou autoemprego e a creación de novas empresas.
Axudas e subvencións
- PROGRAMAS DE AXUDAS DO CONCELLO DE MAZARICOS PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS.
Axudas da Xunta de Galicia para a posta en marcha de novas iniciativas empresariais.
- Axudas do Igape para emprendedores e investimentos.
- Programas europeos (Leader GDR Costa da Morte)
- Axudas destinadas á modernización de empresas
- Axudas para a protección do medio.
- Convocatorias da Deputación Provincial da Coruña
- Axudas para o sector do turismo.
Proxectos
- Programa de Garantía Xuvenil
- Programa Leader · GDR Costa de Morte
- Orientación Laboral a desempregados
- Proxectos de emprego e desenvolvemento local
Enlaces de interese
- Consellería de Economía, Emprego e Industria
- IGAPE
- Diario Oficial de Galicia
- Deputación de A Coruña
- Cámara de comercio de A Coruña
- Antena Cameral de Carballo
- AGADER
- GDR Costa da Morte - Leader
Búsqueda de emprego e Orientación laboral
O Concello de Mazaricos xunto co Concello de Carnota dispón dun servizo de orientación laboral. Para concertar unha cita coa persoa encargada deste servizo pode facelo no telefono 981867104 ou no correo joseramon.esperante@mazaricos.gal
Directorio local de empresas
Relación de empresas que desenvolven a súa actividade no Concello. VER
*Se detecta algún erro nos datos póñase en contacto con nós no 981 867 104 ou tamén por correo electrónico: joseramon.esperante@mazaricos.gal



