Ruta das Tapas 2021

Ruta das Tapas 2021
O 03 de decembro de 2021
Evento gastronómico no que as persoas participantes poderán desfrutar de todo o sabor de Mazaricos.
Visita polo menos tres establecementos distintos e cuña a credencial que recibirás no local para participar no sorteo dunha cea para dúas persoas. Vota a túa tapa favorita e axúdanos a escoller a mellor tapa de Mazaricos!
O sábado 4, ás 8 da tarde, desfruta do espectáculo máis gamberro de Galicia con Festicultores Troupe no Campo da Feira!