Bases do Concurso de Fotografías para o Calendario 2024 do Concello de Mazaricos

Bases do Concurso de Fotografías para o Calendario 2024 do Concello de Mazaricos
O 02 de outubro de 2023

Primeira. Obxecto
O Concello de Mazaricos pon en marcha un concurso de fotografías para o calendario 2024 do Concello.
Segunda. Persoas destinatarias
1. Poderán optar ao concurso as persoas físicas que cumpran cos seguintes requisitos:
1.1. Aceptar integramente as presentes bases así como a resolución por parte do Concello de calquera problema non recollido nas mesmas.
Terceira: Prazo e lugar de presentación de solicitudes
As persoas interesadas en participar poderán achegar as fotografías ao correo concellodemazaricos@gmail.com, como un arquivo adxunto, seguidas da seguinte información nun documento word, tamén adxunto:
• Nome e Apelidos da persoa participante
• Correo electrónico
• Teléfono de contacto
•Lugar en que foi feita a fotografía.
• No caso de non tratarse da persoa autora orixinal da fotografía, declaración asinada pola persoa que realizase orixinalmente a mesma autorizando a súa presentación a concurso.
O prazo de presentación será desde o luns 2 de outubro ata o martes 31 de outubro de 2023 ás 23.59h.
O día 1 de novembro publicaranse no facebook do Concello e procederase á súa votación ata o domingo 12 de novembro de 2023 ás 23.59h.
O luns 13 de novembro de 2023 anunciaranse as fotografías gañadoras.
Cuarto. Requisitos e características das achegas a concurso:
1. Poderase enviar un máximo de dúas fotografías por participante.
2. A fotografía debe estar realizada dentro do municipio de Mazaricos, sendo obxecto da mesma calquera elemento -paisaxe, construción, etc- encadrado dentro do mesmo. Poderán aparecer animais (gando, animais domésticos...).
3. Non poderán presentarse fotografías que xa foran presentadas noutros concursos ou fosen publicadas en redes sociais.
4. Valorarase, entre outros aspectos, a innovación e a orixinalidade.
5. Nas fotografías non aparecerán persoas recoñecibles. No caso de aparecer persoas, estas non poderán constituír o elemento central ou destacado da imaxe.
6. As fotografìas terán formato horizontal e deberán atoparse correctamente enfocadas, contando cunha resolución adecuada para permitir a correcta impresión.
Quinta: Premios e xurado
1. As fotografías gañadoras serán aquelas 12 que reúnan máis reaccións de gústame na páxina de Facebook do Concello de Mazaricos, sendo escollidas deste xeito pola comunidade.
2. As persoas participantes gañadoras serán notificadas a través do Concello de Mazaricos.
3. As fotografías serán incluídas no calendario 2024 do Concello de Mazaricos.
4. As persoas gañadoras recibirán unha copia deste calendario, independentemente do seu lugar de residencia.
Sexta. Responsabilidade e cesión de dereitos
A participación no concurso e aceptación das presentes bases implica a cesión á organización dos dereitos de reprodución, exhibición, comunicación pública e transformación de todas as fotografías presentadas. Citarase a autoría da fotografía no calendario impreso.
Comentarios
Introduce o teu email e subscríbete ao noso boletín.
Para estar informad@ de todo o que pasa en Mazaricos