Eventos
- Inicio
- /
- Eventos
-
10 de xuño de2022
Comunicación previa para a celebración de cachelas de San Xoán
Achégase a máxica noite de San Xoán e estas son as medidas de obrigado cumprimento no caso de que organices unha cachela.
Tanto en terreos públicos como terreos privados, debes facer unha comunicación previa no Concello antes das 14h do día 22 de xuño.
O lume debe estar sempre vixiado.
O volume de combustible da cachela non pode sobrepasar os 8 metros de perímetro nin as lapas poden ter máis de 3 metros de altura.
Débese cumpir a normativa forestal específica. A separación entre as cachelas e os edificios ten que ser polo menos de 12 metros.
Non poden situarse baixo tendidos eléctricos nin telefónicos, e debe asegurarse de que non hai nas proximidades un local onde se almacenen produtos inflamables.
Queda prohibida a queima de neumáticos, plásticos, escumas de poliuretano, aceites, así como calquera outra substancia que desprenda fume tóxico cando é queimada. Tampouco se levará a cabo a queima de restos domésticos (colchóns, mobles, tablas, roupa…..), agrícolas e/ou forestais.
En ningún caso se botarán ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (espráis), mesmo se están baleiros.
Terán auga suficiente a man para apagar o lume se fai falta.
Finalizada a cachela é obrigatorio apagar os restos de brasas ata a súa total extinción e deixar o espazo limpo de refugallos.
-
29 de xullo de2022
MZFolk
Mazaricos celebra o seu primeiro MZFolk a fin de semana do 29 ao 31 de xullo.
Será dende as 18h o venres e de 10h a 21h os sábado e domingo no Recinto Feiral da Picota (Mazaricos).
VENRES 29
-Inauguración ás 18H.
-Merenda de balde (petiscos e refrescos).
-Actuacións tradicionais.
-Xogos.
-Postos de artesanía e comercio local.SÁBADO 30
A partir das 10h:
-Postos de artesanía e comercio local.
-Demostracións en vivo de artesanía.
-Stand de xogos.
-Cantina e food trucks.De 13h a 14h:
-Degustación de carne de Mazaricos.De 16h a 20h:
-Obradoiros de artesanía.Ás 23h:
-MERCEDES PEÓN EN CONCERTO.DOMINGO 31
A partir das 10h:
-Postos de artesanía e comercio local.
-Demostracións en vivo de artesanía.
-Stand de xogos.
-Cantina e food trucks.De 12h a 14h:
-A Charanga Mecánica.
De 16h a 20h:
-Inchables.
-Xogos tradicionais e de madeira.Ás 20h:
-Sorteo de tres xamóns (rifas). -
20 de abril de2022
Inscrición na V Carreira Pedestre Concello de Mazaricos - Correndo pola Costa da Morte
A V Carreira Pedrestre de Mazaricos, integrada no circuíto de carreiras populares 'Correndo pola Costa da Morte' terá lugar o domingo 8 de maio a partir das 10.30 da mañá. O evento contará con seis competicións distintas e será amadriñado pola atleta Teresa Castro Villaverde.
O prazo da inscrición na carreira remata ás 23.59 horas do domingo, 1 de maio. A inscrición ten un prezo de 8 €+1 €. As inscricións poden facerse na web www.correndopolacostadamorte.com. Parte da recadación irá destinada á loita contra o cancro, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro.
Tódalas categorías partirán do Campo da Feira da Picota. Ás 10.30 dará comezo a competición da categoría Alevín (nados de 2011 a 2012), Ás 10:45 partirán as e os corredores de Benxamín (nados entre 2013 e 2014), e ás 11h será a quenda da categoría Pitufo (nados entre 2015 e 2019). Ás 11:15 tocaralle ás persoas nacidas en 2006 e anteriores na categoría “3K contra o cancro”. Xusto a continuación, ás 11.:17h, partirán Infantil (nados de 2009 a 2010), Cadete (nados entre 2008 e 2009) e Xuvenil (nados de 2005 a 2006). Xa ás 12h partirá a categoría Absoluta 10K (persoas nadas en 2006 e antes). Hai tamén unha Fila 0 cuxa inscrición pode facerse cun importe mínimo de 1 €.
A última edición desta carreira tivo lugar en 2019, sendo imposible a súa realización nos dous anos seguintes por mor da pandemia de COVID-19.
-
27 de maio de2022
Marcha Interxeracional polo Día Internacional da Bicicleta
O sábado 4 de xuño, ven pedalear connosco! Celebraremos o Día Mundial da Bicicleta cunha marcha ciclista interxeracional! Pensada para toda a familia e nun percorrido apto para todas as idades. Haberá premios para a persoa máis nova que participe, para a de máis idade e para a familia con máis membros participando!
Inscríbete enchendo o formulario.
-
03 de decembro de2021
Ruta das Tapas 2021
Evento gastronómico no que as persoas participantes poderán desfrutar de todo o sabor de Mazaricos.
Visita polo menos tres establecementos distintos e cuña a credencial que recibirás no local para participar no sorteo dunha cea para dúas persoas. Vota a túa tapa favorita e axúdanos a escoller a mellor tapa de Mazaricos!
O sábado 4, ás 8 da tarde, desfruta do espectáculo máis gamberro de Galicia con Festicultores Troupe no Campo da Feira!
-
11 de outubro de2019
Clases graduado en educación secundaria para persoas adultas
Preme no cartel para ver toda a información
-
23 de maio de2022
Inscrición nos Campamentos de verán de Mazaricos 2022
Actividades de diversión, educación e tempo libre para nenas e nenos de infantil e primaria. Celebraranse en cada parroquia de Mazaricos cun mínimo de 10 inscrit@s na parroquia. Prioridade para nenas e nenos censados ou escolarizados en Mazaricos.
Inscrición na Casa do Concello nos Servizos Municipais.
Máis información no Tlf: 981 867 104.
Os campamentos celebraranse do 27 de xuño ao 7 de setembro en horario de 9.20h-16.30h. As nenas e nenos que queden comer deben traer o xantar da casa.
-
27 de xaneiro de2023
Campaña de Neve 2023 Deputación da Coruña
Actividade de inverno en Asturias dirixida a nenas e nenos de Mazaricos de 11 a 15 anos a 31 de decembro de 2022. Actividades de esquí e complementarias na estación invernal de Valgrande-Pajares. Terán preferencia os/as nenos/as que non foran a ningunha campaña de neve da Deputación.
Toda a información no cartel ou no díptico.
-
03 de decembro de2022
Ruta das Tapas 2022
Evento gastronómico no que as persoas participantes poderán desfrutar de todo o sabor de Mazaricos na mesma fin de semana en que acollemos os principais eventos da Semana Gandeira 2022.
Nesta edición de 2022 conforman a ruta sete locais: o restaurante EFE-EME, Casa Jurjo, a Pizzería Pinocchio, o Asador Manduca, Casa Senra, Casa Pego e o Hotel Rústico Santa Eulalia. O prezo fixo das tapas será de 2,5 €.
Visita polo menos catro establecementos distintos e cuña a credencial que recibirás no local para participar no sorteo dunha cea por valor de 80 €. Vota a túa tapa favorita e axúdanos a escoller a mellor tapa de Mazaricos!
-
01 de decembro de2022
Actividades de Nadal 2022 Mazaricos
Programa de actividades de Nadal 2022 en Mazaricos:
- Xoves 8 de decembro: Festival de Nadal da Escola de Música Moderna de Mazaricos ás 17h na Casa de Cultura.
- Sábado 11 de decembro: Teatro TOP MANTA ás 17h na Casa de Cultura.
- Venres 23 de decembro: CRUNCH!, espectáculo circense de Muu ás 17h no Recinto Feiral.
- Sábado 31 de decembro: V Carreira do Leite (dende as 11h) e VI Brinde Leiteiro (dende as 12h). Inscríbete aquí na carreira.
- Domingo 1 de xaneiro: Concerto de Aninovo coa Coral Polifónica de Urdilde ás 18h, e posterior chocolatada con churros. Ás 19:30h, Baile das Persoas Maiores na Casa de Cultura.
- Xoves 5 de xaneiro: Tractorada de Reis.
-
31 de decembro de2022
V Carreira do Leite de Mazaricos
O Concello de Mazaricos recupera as súas tradicionais celebracións de despedida de ano logo de dúas edicións anuladas a causa da pandemia. Deste modo, a Carreira do Leite e o Brinde Leiteiro volverán reivindicar o corazón rural e o papel fundamental no sector lácteo que xoga Mazaricos, principal produtor galego.
A Carreira do Leite disputarase o sábado, 31 de decembro, a partir das 11 da mañá polas rúas da Picota. Poderán recollerse os dorsais dende as 10h na Casa de Cultura. Esta edición contará con catro categorías: xatiños (nados entre 2015 e 2018), becerros (entre 2012 e 2014), xovencas (2007-2011) e vacas (persoas nadas ata o ano 2006). A inscrición en calquera das catro categorías da carreira pode facerse online ata o día 27.
-
14 de xaneiro de2022
Campaña de Neve 2022 Deputación da Coruña
Actividade de inverno en Asturias dirixida a nenas e nenos de Mazaricos de 12 a 15 anos a 31 de decembro de 2021. Actividades de esquí e complementarias na estación invernal de Valgrande-Pajares. Terán preferencia os/as nenos/as que non foran a ningunha campaña de neve da Deputación.
Toda a información no cartel ou no díptico.
-
10 de xuño de2020
DECRETO-LEI QUE REGULA A NOVA NORMALIDADE
O Boletín Oficial do Estado (BOE) deste mércores, 10 de xuño, recolle o real decreto lei coas medidas para facer fronte á pandemia de coronavirus unha vez finalice o estado de alarma o próximo 21 de xuño, vixentes ata que exista unha vacina ou un tratamento moi efectivo contra a COVID-19 e o Executivo declare acabada a emerxencia sanitaria.
PODES DESCARGAR O DOCUMENTO COMPLETO NESTA LIGAZÓN.
Estas son algunhas das claves fundamentais do texto:
MOBILIDADE: Non hai ningunha medida específica para restrinxir a mobilidade. Así, o 21 de xuño finaliza a sexta e última prórroga do estado de alarma e con ela as restricións de movementos entre comunidades.
USO DE MÁSCARAS: Debe utilizarse nos medios de transporte, como metro, bus, avión ou tren, do mesmo xeito que en lugares públicos ou privados −pechados e abertos− se non se pode manter a distancia física entre persoas. A separación que se debe manter con respecto ao resto é de 1,5 metros. Como xa ocorre agora, están exentos diso os menores de 6 anos e as persoas con enfermidades ou algún tipo de dependencia que impidan o seu uso, ademais de en os casos nos que non poida levar por motivos de forza maior ou no deporte individual ao aire libre. Incumprir esta obrigación pode levar a unha multa de ata 100 euros.
AFORO EN BARES, TENDAS E OCIO: É unha decisión que terán que tomar os presidentes das comunidades autónomas. "Corresponderá ás autoridades de cada comunidade precisar isto se cren que se ten que precisar ou ten que haber algunha limitación de aforo, igual que sucedía antes de que se decretase o estado de alarma e como xa ocorre na fase 3", explicou este martes o ministro de Sanidade, Salvador Illa.
No decreto lei unicamente se recolle que as administracións competentes terán que asegurarse de "a adopción das medidas organizativas que resulten necesarias para evitar aglomeracións e garantir que clientes e traballadores manteñan a distancia de seguridade".
OBRIGAS NOS POSTOS DE TRABALLO: As empresas teñen que adoptar medidas para a reincorporación progresiva de forma presencial aos postos de traballo e "a potenciación do uso do teletraballo" cando sexa posible. Ademais, o decreto ordena ás empresas que dispoñan os seus postos de traballo para que poida manterse a distancia de seguridade de 1,5 metros. Se isto non é posible, ten que contarse con material de protección adaptado ao risco. Os espazos deberán ser limpados e ventilados ademais de dispoñer de auga e xabón ou xeles hidroalcohólicos ao dispor dos traballadores.
Nesa mesma liña, os responsables teñen que organizar os momentos de entrada e saída á empresa para impedir que nos accesos orixínense concentracións de traballadores ou de clientes que poidan favorecer un contaxio. Ningún traballador en corentena por ter síntomas debe acudir ao traballo.
COLEXIOS: O texto non recolle novidades. No decreto lei faise referencia a que as administracións educativas teñen que asegurar que se cumpran "as normas de desinfección, prevención e acondicionamento dos citados centros que aquelas establezan" e deberá asegurarse a adopción das "medidas organizativas" para que non se produzan aglomeracións e mantéñase a distancia de seguridade.
PROBAS DIAGNÓSTICAS: Os servizos de saúde das comunidades autónomas "garantirán que, en todos os niveis da asistencia, e de forma especial na atención primaria de saúde, a todo caso sospeitoso de COVID-19 se lle realizará unha proba diagnóstica por PCR ou outra técnica de diagnóstico molecular, tan pronto como sexa posible", di o texto.
ATA CANDO?: O Goberno expón que estas novas normas para facer fronte á pandemia continúen en vigor ata que poida darse por concluída porque estea controlada cunha vacina ou un tratamento moi eficaz. Para dar a emerxencia por finalizada, o Executivo contará cun informe do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias e consultará ás comunidades autónomas no seo do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.
-
04 de marzo de2023
XXIV Festa do Bolo do Pote de Mazaricos
PROGRAMA
4 de MARZO
Xantares e Ceas, previa reserva, de Cocido e Bolos do Pote nos diferentes Establecementos Hostaleiros
5 de MARZO
Comezo da Festa ás 13:00 horas con:
- Pasarrúas e concerto do GRUPO DE GAITAS DE MAZARICOS.
- Degustación dos Bolos do Pote no Campo da Feira.
- Degustación e Xantares nos diferentes Establecementos Hostaleiros.
- A partir das 15:30 pasarrúas pola Picota a cargo da CHARANGA ALAMBIQUE.
- Se o tempo o permite haberá inchables para a rapazada de 12:30 a 15:15 h. e de 16:15 a 18:30 h.
- Miniquedada Coches Mini
Locais de Degustación
RESERVAR CON ANTELACIÓNRESTAURANTE O VERXEL (606643311, A PICOTA)
RESTAURANTE EFE-EME (981852078, A PICOTA)
RESTAURANTE CASA JURJO (981852015, A PICOTA)
PIZZERÍA PINOCCHIO (981852018, A PICOTA)
BAR ASADOR MANDUCA (981852095, A PICOTA)
CAMPAMENTO CORZÓN (606817146, CORZÓN)
O CURRUNCHO DOS LÓPEZ (881941966, CHACÍN)
RESTAURANTE CASA PEGO (981088080, SAN COSME)Colaboradores
TABERNA “CASA SENRA”( A PICOTA)
CAFÉ BAR ALBORADA (A PICOTA)BOLOS DO POTE, COCIDO,
POSTRE, VIÑO E CAFÉ:
25 EUROSOrganiza: Concello de Mazaricos
Colabora: Asociación de Amas de Casa de Mazaricos, AVV “Monte Picoto” e Casa Jurjo. -
18 de febreiro de2023
Festival de Entroido 2023
Unha tarde máxica para a rapazada de Mazaricos. Dende as 17h no Recinto Feiral da Picota.
Concurso de disfraces con categoría individual, parellas e comparsa. Todos os premios inclúen cesta de produtos de entroido.
- Individual: 1° premio de 80€, 2° de 60 € e 3° de 40 €.
- Por parellas: 1° premio de 120€, 2° de 100 € e 3° de 80 €.
- Comparsa: premio de 200 €.
Celebraremos un fantástico obradoiro de máscaras.
Pasarémolo xenial cos inchables e unha piñata.
Non faltarán a chocolatada e as lambetadas típicas do Entroido.
Ademais, ás 4 da tarde celebrarase un torneo de iniciación á billarda para todas as idades. Inscricións por whatsapp no 680 600 806 sinalando a idade da ou do participante.
-
20 de xaneiro de2024
III Día da Loita da Veciñanza Comuneira na Defensa do Monte Veciñal
A terceira edición do Día da Loita da Veciñanza Comuneira na Defensa do Monte Veciñal celebrarase en Mazaricos mañá sábado 20 de xaneiro, lembrando un ano máis o noso veciño Xosé Esperante, 'Che de Pedro', morto en 1963 durante a loita veciñal en defensa do monte comunal. A organización do evento, o INGATECO, coa colaboración da ORGACCMM e do Concello de Mazaricos, volve convidar a toda a cidadanía a participar deste homenaxe, que pretende servir de restitución da memoria e reivindicación da dignidade de todas as persoas que loitaron contra a usurpación das terras comunais e pola riqueza e o futuro do mundo rural.
PROGRAMA- Primeira parte (Local Social de Eirón).
11,00 horas: Presentación da xornada por INGATECO. Benvida polo alcalde de Mazaricos.
11,15 horas: Intervención de Edelmiro López Iglesias. Profesor do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. Ex - Director Xeral de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galiza. Ponencia: “O futuro dos Montes Veciñais en Man Común na Galiza Rural do século XXI”.
12,00 horas: Acto de homenaxe a ORGACCMM no seu 25 aniversario.
12,15 horas: Intervención de Xosé Alfredo Pereira. Presidente da ORGACCMM.
12,45 horas: Remate.
- Segunda parte (no monumento a Che de Pedro).
13,00 horas: Acto de homenaxe no monumento de Eirón, no cabodano da morte de José Esperante (Che de Pedro, 22.01.63) e demais represaliados na defensa da terra comunitaria.
13,15 horas: Intervencións de INGATECO, CONCELLO DE MAZARICOS, ORGACCMM, FAMILIA ESPERANTE.
13,30 horas: Ofrenda floral. Himno Galego.
Organiza: Instituto Galego das Terras Comunitarias (INGATECO).
Colaboran: Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, Concello de Mazaricos. -
30 de abril de2023
VII BTT Os Picos de Mazaricos
O 30 de abril, Mazaricos acolle a VII BTT Os Picos de Mazaricos.As inscricións xa se atopan abertas nesta ligazón.1.- O Concello de Mazaricos, organiza a VII BTT OS Picos de Mazaricos que terá lugar o Domingo 30 de abril do 2023, cun percorrido de 45 km. de dificultade Media e una ruta corta de 35 km. A mesma será de carácter non competitivo.
A saída terá lugar ás 10:00 horas no “Campo da feira” en A Picota.2.- Poderán participar na ruta todas aquelas persoas que realizaran axeitadamente o proceso de inscrición. A idade mínima de participación é de 13 anos cumpridos no momento da inscrición. As persoas participantes menores de 18 anos deben contar co preceptivo permiso dos proxenitores ou titores legais.
3.- O prazo de inscrición finalizará o día 28 de abril ás 23:59 horas. A inscrición farase efectiva mediante a paxina web www.sportmaniacs.com o una APP Saudeter Live. A cuota de inscrición, é de 10 €.
A inscrición dará dereito á participación na proba, e incluirá os avituallamentos, obsequios que se entreguen e o servizo de lavado de bicicletas gratuíto ó final da proba
Só serán considerados participantes, aqueles que realizaran a inscrición correctamente e leven o dorsal visible en todo momento. O devandito dorsal será facilitado pola organización.
4.- A concentración e entrega de dorsais terá lugar a partir das 8:45, do día 30 de abril de 2023 no Polideportivo Municipal da Picota. A saída efectuarase ás 10:00. A recollida de dorsais farase de xeito individual,presentando DNI.
5.- O emprego do casco é obligatorio, e non levalo implica a retirada do dorsal e da marcha. O Concello non se fai responsable dos accidentes, nos que pudiera ser causa, a neglixencia dos participantes, así como os danos que estes poideran ocasionar durante a realización da marcha.
6.- O percorrido da proba transcorre na súa maior parte por camiños rurais e forestais do Concello de Mazaricos, existindo cruces con tramos de estradas, que se atopan abertos ao tráfico para outros usuarios polo que se deberá extremar a precaución por parte dos participantes, respectando as normas de circulación contidas na Lei de Seguridade Vial e no Regulamento Xeral de Circulación.
7.- Todos os participantes deben respectar o entorno por onde transcorre a proba, quedando terminantemente prohibido tirar lixo en todo o recorrido a excepción dos contedores situados nos puntos de avituallamento.
8.- En todo momento respetaranse e acataranse as ordes e directrices do director da marcha, non sobrepasando en ningún momento ó vehículo que abre a mesma, o cal será obxecto de descalificación inmediata.
9.- A Organización contará con servizo de ambulancia e médico, a disposición dos participantes, ao igual que dun Seguro de Responsabilidade Civil e accidentes, non facéndose responsable de ningún accidente nin gastos fora desta cobertura, debendo entenderse que os participantes inscritos asumen e coñecen os riscos do BTT.
10.- A organización resérvase o dereito a modificar a presente normativa, así como a modificación do percorrido, quilometraxe e data da proba.
11.-O feito de inscribirse na proba, supón a aceptación total do presente regulamento. -
07 de maio de2023
VI Carreira Pedestre de Mazaricos Correndo pola Costa da Morte
7 de maio de 2023 ás 10:30,
Campo da Feira, Mazaricos- 10:30 FILA 0 (Importe mínimo 1€)
- 10:30 SUB12 (2012-2013)
- 10:45 SUB10 (2014-2015)
- 11:00 PITUFOS (2016-2020)
- 11:15 3K CONTRA O CANCRO (2007 e anteriores)
- 11:17 SUB14 (10-11) / SUB16 (08-09) / SUB18 (06-07)
- 12:00 ABSOLUTA 10K (2007 e anteriores)
Inscrición na carreira aquí.
-
23 de maio de2023
Inscrición nos Campamentos de verán da Deputación 2023
Xa está aberto o prazo de inscrición nos campamentos deportivos de verán da Deputación da Coruña para rapazada de 9 a 14 anos. A Mazaricos correspóndelle a cuarta quenda, do 23 de xullo ao 28 de xullo. Inscricións no Concello antes do 7 de xuño. Cota de inscrición: 85€.
Toda a información e formulario de inscrición no tríptico.
-
28 de maio de2023
BANDO Itinerarios de Transporte Institucional - Eleccións Locais Maio 2023
BANDO
"ITINERARIOS DE TRANSPORTE INSTITUCIONAL
- ELECCIONS LOCAIS MAIO-2023
Os horarios e itinerarios dos autobuses para o transporte de persoas ás diferentes mesas electorais será o seguinte:
Itinerario
RUTA
Horario
Itinerario 1:
Mesa de A Picota
Niñán - Vaos - Abeleiras - Lago - Abeleiroas - Quintáns - Lugarnovo - Vilar - Busto - Ponteolveira - Sanfoga - Mazaricos -Atan - Insua - A Picota
- 9:00 da mañán
Itinerario 2:
Mesa de Cives
Colúns - Campelo - Castrelo - Vilarcobo - Pontenova - Choupana – Cives
- 10:30 da mañán
Itinerario 3:
Mesa de Suevos
Argueirón – Vilariño - Outeiro de Bois - Agar - Beba - Xesto - Godón - Bouzas - Coiro - Fírvado - Fornís - Manda - Xestoso - Gosende – Recarea - Paxareiras - Corrubedo - Vilar de Costa - San Cristobo - Suevos
- 10:30 da mañán
Itinerario 4:
Mesa de Arcos
Señorío – Cornes – Xinzo - Figueira - Xián - Enxilde – Arcos - Fieiro - Noveira - Reboredo - Cabanude -Curra
- 9:00 da mañán
Itinerario 5:
Mesa de Pino de Val
Asenso - Lamasapín - Vioxo - Santabaia- Chacín - Vilariño - Gosolfre - Pino de Val
- 12:00
Itinerario 6:
Mesa de Maro
ñas
Corbeira - Seán - Eiron - Cuiña - Mámoas - Liñares - Gueima - Castro - Vilar de Castro - Foxas – Maroñas
- 12:00
Itinerario 7:
Mesa de Antes
Vilaferreiros - Espigas -Alborés - Ribadeza - Pazos - Grille - San Cosme de Antes
- 3 da tarde
Empresa de transportes: AUTOS GONZÁLEZ (Mazaricos)
-
N ° de vehículos: 2 microbuses
-
Teléfono de contacto: 687775672
-